Arvernus é un deus celta, un epíteto galo do Mercurio romano. Malia que o seu nome fai referencia á tribo dos arvernos, en cuxo territorio Mercurio tiña un importante santuario Puy-de-Dôme, tódalas inscricións a Mercurio Arvernus foron atopadas lonxe da fronteira co Rin. O nome tamén aparece como Mercurio Arvernorix, 'rei dos Arverni'.[1] Compárase tamén co título Mercurio Dumiatis ('de Puy-de-Dôme'), atopado no territorio arverno.[2] O nome, como o dos arvernos e da zona actual de Auverña, semella derivar do protocelta *φara-werno-s ‘en fronte de amieiros.’